Protesta en Vigo pola xestión da residencia da Salesas, tutelada por DomusVi
Publicado o 26/09/2020 14:56
No centro de Vigo unhas 150 persoas marcharon en sinal de protesta pola xestión da residencia viguesa Salesas, tutelada por a empresa Domus VI. Entre os manifestantes había varios familiares de vítimas da COVID nesa residencia de maiores durante a primeira ola da pandemia. Reclaman unha maior comunicación cos xestores do xeriátrico, máis transparencia a respecto das cifras dos mortos e unha maior atención por parte dos medios de comunicación.