Protestan en Santiago polo peche dunha oficina do BBVA no centro histórico
Publicado o 08/10/2021 14:42
O centro histórico de Santiago está en pé de guerra ante a perda de servizos fundamentais na zona monumental. A histórica sucursal do BBVA na rúa do Vilar pechará as súas portas o 17 de outubro.
O peche da oficina alterará as xestions diarias dos negocios da zona, e supón un trastorno para os veciños, moitos deles maiores, sen contacto algún coa nova banca electrónica.
Serán un total de 26 oficinas en toda Galicia co despedimento dun cento de traballadores. O concello busca unha solución. Hai uns días todos os grupos da corporación municipal aprobaban unha moción de urxencia en contra do peche.