Protesta dos traballadores de Ence nun acto de campaña de Sánchez en Vigo
Publicado o 16/04/2019 22:33
Traballadores de Ence manifestáronse esta tarde en Vigo diante do auditorio Mar de Vigo, onde o presidente do Goberno participaba nun acto de campaña. Os manifestantes amosaban así o seu descontento contra a decisión do Goberno central de facilitar a saída de Ence da ría de Pontevedra.
O xefe do Goberno evitou encontrarse con eles e entrou no auditorio por unha porta lateral.