CRTVG

Buscar

Pensionistas de CCOO e UXT denuncian a situación nas residencias de maiores galegas

Publicado o 09/06/2020 15:36

En Vigo, sindicatos de pensionistas e xubilados de CCOO e UXT concentráronse diante da delegación da Xunta para denunciar a situación nas residencias de maiores ao longo da pandemia polo coronavirus. Piden que se abra unha investigación e que se cree unha rede pública de residencias. Durante o acto entregaron un documento sobre a xestión en dependencia do Goberno galego.

Noticias web

09/06/2020