CRTVG

Buscar

Os gandeiros levan a Madrid a súa protesta contra a protección do lobo

Publicado o 09/06/2021 15:22

Protesta ás portas do Ministerio para a Transición Ecolóxica en contra da protección que lle quere dar ao lobo e en defensa da gandería. 

A mensaxe é clara: que o lobo non se inclúa na listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial. É o que pretende o departamento de Teresa Ribera e podería facelo  antes do 25 de setembro.

Varias organizacións agrarias piden que se manteña a xestión do lobo tal e como está actualmente. Din que é a única ferramenta eficaz para a supervivencia da gandería, a principal afectada polos ataques do lobo. Por iso o lema desta concentración é: "E aos gandeiros, quen os protexe?". 

Noticias web

09/06/2021