CRTVG

Buscar

Prosegue a busca do veciño de Baio que leva case cinco días desaparecido

Publicado o 14/12/2020 14:40

Efectivos de Protección Civil e voluntarios rastrexan de novo hoxo algunha zonas do concello de Zas e de concellos próximos, como Dumbría e Laxe na procura de Manuel Rodríguez Eiroa. É o veciño de Baio que permenece ilocalizado desde o xoves.

Onte, ademais de persoal e medios da Garda Civil xuntáronse numerosos voluntarios para facer unha batida ampla.

Óscar Lema, presidente da Agrupación de Protección Civil de Zas, explica que a pedimento da familia se fixo un rastrexo desde Arteixo ata Outes coa participación de 120 coches e unhas 300 persoas e voluntarios.

"Desde a agrupación e en nome da familia queremos agradecerllo, porque foi sorprendente a alta participación que houbo", asegura Lema.

Manuel, de 54 anos de idade, desapareceu co seu coche despois de facer unha retirada de 40 eruos neste caixeiro. Este é ó último punto en que deixou pegada. E crese que sobre o camño que seguiu a partir de aquí podería clareaxar algo o seu teléfono móbil.

O presidente da Agrupación de Protección Civil de Zas di que non teñen ningunha pista: "O que buscamos é o coche, un Daewo Nubira 4536 CPS. Non encontramos nada e agora estamos á espera de que a xuíza autorice o rastrexo do teléfono móbil".

"É unha desaparición voluntaria e non temos ningunha pista de onde pode estar, nin cal foi a causa, nin nada", engade. Os traballos de busca continúan.

Noticias web

14/12/2020