CRTVG

Buscar

Propoñen crear un xardín xaponés en Santiago de Compostela

Publicado o 28/04/2021 15:34

Carla coida diariamente o xardín xaponés que creou na súa casa. As similitudes entre as especies galegas e as do Xapón levárona a deseñar este xardín. 

"Todas as especies do xardín existen nos xardines xaponeses, incluso a camelia", asegura Carla.

O amor polo Xapón e por Galicia fixeron que esta portuguesa elaborara un proxecto para crear un xardín xaponés en Santiago de Compostela. Quere que sirva de nexo de unión entre as dúas culturas. 

"Temos todo para poder ter o mellor xardín xaponés de Europa. Polas condicións, pola relación institucional entre ambos países e porque Santiago é a entrada de moitísima xente de todo o mundo", explica Carla.  

Galicia e O Xapón están xa irmandados a través dos seus camiños. A ruta xacobea e a de Kumano Kodo son as únicas declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco.