CRTVG

Buscar

Propietarios e concellos poderán solicitar as axudas da área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra

Publicado o 19/05/2020 14:36

 A paisaxe é o principal sinal de identidade da Ribeira Sacra. Aglutina os outros elementos que a diferencian, a natureza, a historia e a arquitectura. A protección deste territorio comezará pola recuperación destes elementos. Así, nunhas semanas, propietarios e concellos poderán solicitar as axudas da área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra. A primeira partida conta cun orzamento de 850.000 euros. Así o explicaba a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez:

"A previsión é poder restaurar ata 2.000 vivendas na Ribeira Sacra ao longo de dez anos, é unha iniciativa moi boa para un territorio que vai ser Reserva da Biosfera e esperemos que Patrimonio da Humanidade".

Tamén xa están definidas as actuacións para revalorizar os enclaves naturais a través do plan de acción da paisaxe.

"Eliminación das especies invasoras, establecer un modelo de sinalización homoxénea para toda a zona e accións puntuais en áreas comúns", indicou Luis Fernández, presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Son dúas das dez áreas que vertebran o plan estratéxico da Ribeira Sacra impulsado pola Xunta e para o que se destina 3,5 millóns de euros.

Noticias web

19/05/2020