CRTVG

Buscar

Promoven charlas nos centros educativos galegos para previr a ludomanía

Publicado o 07/04/2021 20:39

A Asociación Galega de Ludómanos Rehabilitados constatou que os mozos se inician no xogo cada vez máis novos. Para intentar evitalo están desevolvendo un programa de prevención con charlas en centros educativos.

No Centro Integrado San Vicente da Baña escoitaron atentos o testemuño en primeira persoa de Xerardo, que leva 15 anos rehabilitado e que se endebedou por milleiros de euros, e que sabe ben das consecuencias negativas do xogo. Desde a súa experiencia como exadicto ou na actualidade como directivo da Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados alerta de que se trata dunha adicción que cada vez afecta mozos máis novos.

Por iso, como nas máis das patoloxías graves, a prevención e o coñecemento dos riscos son a mellor menciña. Aprobar esta materia é un seguro de vida.



 

Noticias web

07/04/2021