CRTVG

Buscar

Promocionan a Ribeira Sacra cun videclip e un documental cos pioneiros da Denominación de Orixe do viño

Publicado o 09/07/2021 16:01

Un Canto á Ribeira Sacra da produtora Queiman e Pousa pretende actualizar unha campaña iniciada hai tres anos para promocionar esta zona. A fantasía e as imaxes fan reaparecer na Ribeira Sacra actual personaxes doutras épocas coma os milicianos romanos comandados por un popular actor orixinario desta zona. Tamén algún monxe dos numerosos conventos medievais que hai ali.

Pero reparan ademáis na historia recente do viño co documental 'Os sete tolos' protagonizado polos promotores da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Logo da presentación oficial no Mosteiro de Montederramo, os audivisuais pódense ver agora nas páxinas web das adegas e dos concellos que participan na campaña.
 

Noticias web

09/07/2021