CRTVG

Buscar

O 'En Xogo' estrea programa na canle de Twitch da CRTVG este domingo con Vero Boquete de convidada

Publicado o 03/09/2021 15:56

• O programa tamén comentará en directo o ‘En Xogo’ 

CRTVG estrea este domingo ás 21.45 h un novo programa na plataforma Twitch‘En Xogo na Rede’, que se emitirá de forma paralela ao ‘En Xogo’ da G2. 

O tamén chamado #Enxogüich, estará presentado polo xornalista Fran Cañotas, e contará cun entrevistado diferente cada semana, que se enfrontará a variados e divertidos retos. Neste primeiro capítulo, virá xogar, pasar un bo rato ao Twitch da Galega (twitch.tv/crtvg) a futbolista compostelá e referente para o fútbol feminino internacional Vero Boquete.

O programa tamén comentará en directo o ‘En Xogo’ e contará con conexións co estudio de televisión para compartir cos espectadores o que se está falando na Rede. Un novo proxecto multicanle da CRTVG para seguir avanzando nas novas plataformas e linguaxes de comunicación mesturando as plataformas tradicionais coas emerxentes.

A CRTVG consolida así a súa presenza en Twitch, aumentando a programación na súa canle dixital que contará en setembro con novos programas do #Dígochoeu e máis novidades que se irán coñecendo ao longo da temporada.

 

Noticias web

03/09/2021