CRTVG

Buscar

Prolongar en exceso a vida útil das máscaras pode causar numerosas patoloxías

Publicado o 23/07/2020 15:58

Sabemos que é obrigatoria e coñecemos as regras da súa colocación. Pero é habitual que cometamos erros no tempo de uso das máscaras.

Para concienciar da importancia da súa hixiene, esta farmacéutica e analista clínica fixo cultivos de varias máscaras usadas durante máis ou menos tempo.

Marisa García Alonso, farmacéutica e investigadora: "Malia que estaba nova, xa ten algunha bacteria. E agora imos ver a que usaba a miña compañeira durante tres semanas, oito horas cada día: hai unha mestura de todo, estreptococos, bacilos, contaminantes... non sabemos se cándida ou fungo..."

Se non se lavan ou cambian con frecuencia, as máscaras poden ocasionar varias patoloxías, dende acne ata problemas de estómago ou gorxa. Por iso é importante respectar as instrucións de uso.

Natalia Martínez- Reboredo, Farmacéutica: "As cirúrxicas teñen unha vida media de entre catro e seis horas. As FFP2 poden ser ata oito horas. E as reutlizables ou lavables, segundo as instrucións do fabricante"

A solución non é deixar de usala, senón respectar a súa vida útil para que non se converta nun obxecto insalubre.

Noticias web

23/07/2020