CRTVG

Buscar

Prohíbenlle a entrada a centros sociais aos dous anciáns que se enlearon a navalladas

Publicado o 24/01/2019 15:08
Prohíbenlle a entrada a centros sociais aos dous anciáns que se enlearon a navalladas

O centro social Maruja Mallo de Lugo foi o lugar onde dous anciáns, un de 72 e outro de 82 anos, presuntamente protagonizaron unha liorta a navalladas e bastonadas. O motivo das agresións parece ser unha partida de tute. Segundo declararon os propios implicados perante a policía, ambos mantiñan un conflito por mor dese xogo de cartas dende días atrás.

A consecuencia das agresións, ambos anciáns resultaron feridos. Ao parecer, un recibiu unha navallada na cara e outro unha bastonada na cabeza, polo que precisaron asistencia médica. Como medida cautelar, o Concello de Lugo prohibiulles o acceso aos presuntores agresores a todos os centros sociais municipais.

Ata o de agora, nunca houbo un control de acceso aos sete centros municipais de convivencia que hai en Lugo.

Noticias web

24/01/2019