CRTVG

Buscar

Programación divertida para familias e docentes no VI Scratch Day

Publicado o 09/10/2021 21:40

Aprender a programar desde cativos, e non só para xogar. Ese é o obxectivo do obradoiro que hoxe se celebrou na Cidade da Cultura onde profesorado, rapazada e pais e nais foron creando proxectos en conxunto mentres aprendían.

Primeira hora e primeira clase, de momento hai que aprender que é iso do Scratch e xuntar a creatividade co pensamento lóxico para conseguir encaixar unha especie de crebacabezas virtual que obedeza ás tarefas que lle encomendamos.

"É unha contorna de programación coa que os nenos poden deseñar pequenos videoxogos e tamén animacións e tamén poden programar robots. Sairían xa da contorna virtual para a física e real", explica Jorge Penabad, responsable de Rockbotic.

"O que nos axuda é a subdividir calquera problema que teñamos en pequenas tarefas que van resolvendo pouco a pouco e van uníndoas para ao final conseguir resolver o problema ou a tarefa orixinal", asegura Juan Luís Mínguez Ramos, secretario do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia.

E non só para tarefas lúdicas, o Scratch, tal e como practican nun obradoiro paralelo profesores de diferente especialidades serve para aprender calquera disciplina. Para moitos foi unha xornada de contacto, de perderlle o medo a unha linguaxe de programación, visual e sinxela. Máis allea para algúns pais que para as súas fillas.

Noticias web

09/10/2021