CRTVG

Buscar

Profesores e alumnos piden a continuidade da Universidade Popular cunha recollida de sinaturas

Publicado o 13/05/2021 14:26

José Luis é unha das tres mil persoas que cada ano acoden aos cursos que ofrece a Unversidade Popular, organizados polo concello de Ourense. Máis de 140 diferentes e para todos os gustos. Agora temen non poder seguir coa súa formación.

O Concello anunciou que quere cambiar o modelo da universidade popular, algo co que non están de acordo nin usuarios nin profesores. Aseguran que está en perigo a súa supervivivencia. Por iso crearon unha plataforma para defender unha formación que leva máis de trinta anos desenvolvéndose na cidade de Ourense.

Unha campaña cidadá que segue sumando apoios. Un dos últimos en unirse foi Luís Tosar, que difundiu un vídeo nas redes sociais amosando o seu apoio á continuidade deste servizo. Xa levan recollidas máis de 2.500 sinaturas.

 

Noticias web

13/05/2021