CRTVG

Buscar

Profesores de Betanzos homenaxean os seus cativos

Publicado o 13/04/2020 14:28

"Hoxe imos falar dos nosos heroes... e sodes vós".

Non se pode dicir nin máis alto nin tampouco máis claro. Porque isto é o que pensan dos seus alumnos os profesores do colexio Atocha, de Betanzos.

"Cos vosos superpoderes facedes que isto se leve moito mellor".

Podían dicilo de moitas maneiras, pero escolleron facer este vídeo, co que recoñecer o seu esforzo e valentía por ser capaces de adaptarse a unha situación tan nova coma imprevisible.

"Porque temos que pensar que para eles esta situación, estar na casa, tamén está a ser moi difícil, e queriamos acordarnos deles dunha maneira moi especial".

Para eles e para as súas familias vai esta mensaxe de ánimo.



 

Noticias web

13/04/2020