CRTVG

Buscar

Profesores de autoescola inician en Vigo unha folga para denunciar precariedade laboral

Publicado o 12/08/2021 16:11

Os profesores de autoescola da provincia de Pontevedra iniciaron hoxe unha folga de 6 días para reclamar a negociación dun convenio provincial.

Os traballadores xuntáronse dende ben cedo en Samil. A partir das 11 e media emprenderon a marcha e protagonizaron unha caravana coa que provocaron retencións no centro da cidade. Percorreron as principais autoescolas para denunciar a precariedade laboral en que se atopan, e remataron cunha concentración ante as oficinas de Tráfico.

Quéixanse de soldos baixos, longas xornadas e pouco descanso. Os profesores de autoescola reclaman a negociación dun convenio provincial para frear, din, as prácticas abusivas do sector.    

 

Noticias web

12/08/2021