CRTVG

Buscar

Tosquiadores galegos retoman a rapa das ovellas, que se atrasou pola covid-19

Publicado o 17/06/2020 13:39

A crise sanitaria do coronavirus atrasou a rapa das ovellas. Un equipo galego de rapadores desprázase dende a montaña lucense a calquera explotación ovina do país.

Tomaron a remuda dos grupos de temporeiros que habitualmente chegaban dende Polonia, e que gozaban de gran reputación no sector. Defenden que se trata dun oficio de gran tradición, que require dunha técnica especial.

Para que a la poida aproveitarse no mercado, é fundamental que se faga o rapado sen cortes e do forma homoxénea. En tres horas este equipo de profesionais pode tosquiar preto de 200 ovellas.

Noticias web

17/06/2020