Produtos innovadores galegos no Salón Gourmets de Madrid
Publicado o 09/04/2019 21:36
2.000 expositores e 57.000 produtos, con 1.300 novidades culinarias, son as cifras do Salón Gourmets nesta nova edición. A faba de Lourenzá e o mexillón foron algúns dos protagonistas do expositor de Galicia, salientando tamén os produtos en conserva e ecolóxicos que se presentaron nun formato de showcooking.
Máis conservas artesás innovadoras como as ostras rizadas que elaboran un grupo de mulleres da costa de Xove, e que non esquecen o bonito de Burela.
E para maridar, que mellor que os vermús galegos feitos en Padrón e que contan cunha novidade combinada co mexillón da nosa terra.
Prevese que unhas 100.000 persoas visiten este Salón Gourmets e que o volume de negocio supere este ano os 200 millóns de euros.