CRTVG

Buscar

Produtores de mexillón buscan a remuda xeracional co proxecto Batéate

Publicado o 12/04/2021 16:48

A Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (OPMEGA) asegura que o bivalvo que se cultiva na nosa comunidade representa case o 95 % da produción española. Pero o sector bateeiro galego ten un grave problema: precisa unha remuda xeracional.

Co obxectivo de achegarse á xente nova e abrirlle os ollos sobre as posibilidades profesionais que lles ofrece o mar e a acuicultura, OPMEGA puxo en marcha a campaña Batéate polos institutos da Barbanza.

Hoxe están no Leliadoura de Ribeira, onde estudan 500 alumnos e alumnas. Moitas das familias destes adolescentes teñen no mar a súa fonte de ingresos, a súa vida. 

Segundo explica Amaya Ordóñez Iglesias, técnica do proxecto, a finalidade é "afastar ese mito de que é un traballo moi duro, de que é mellor estudar moitísimo outra cousa antes que ir ao mar".

'Batéate, busca o teu espazo no mundo' visitará outros oito centros de educación secundaria da comarca, tentando sementar entre a mocidade a idea de que este sector tamén é unha opción de futuro.

Noticias web

12/04/2021

Máis sobre actualidade

Valladolid 2-0 Alcorcón
27/09/2021 20:41
Oviedo 0-0 Xirona
27/09/2021 20:40
Spórting 2-1 Málaga
27/09/2021 20:38
Mirandés 1-2 Leganés
27/09/2021 20:35
Barcelona 3-0 Levante
27/09/2021 20:33
Betis 2-0 Xetafe
27/09/2021 20:31