CRTVG

Buscar

Produtores artesanais de cervexa reúnense en Lugo no Arde Lúpulus

Publicado o 05/05/2019 21:47

A cervexa centra a feira Arde Lúpulus, en Lugo, organizada para amosar diversas variedades desta bebida, elaboradas cunha receita propia que as fai únicas. Hainas de moi distintos sabores e aromas, pero todas elas son artesanais.

Unha ducia de produtores de cervexa amosan as súas creacións nunha feira en Lugo, organizada baixo o nome de Arde Lúpulus. Poden degustarse ata setenta variedades deste produto. Todas teñen en común unha elaboración artesanal.

A feira supón unha oportunidade para coñecer bebidas de autor e que os consumidores podan decantarse polas que lle son máis afíns.

Frescas e cunha elaboración que denota os gustos do autor. Toda unha tentación para probar as cervexas na feira de Lugo.

Noticias web

05/05/2019