CRTVG

Buscar

Sanidade fará probas piloto para ampliar a participación en eventos culturais ao aire libre

Publicado o 28/04/2021 14:54

O Goberno galego mantén a previsión de reabrir o lecer nocturno no mes de xuño, en función do avance da campaña de vacinación. Segundo adiantou o conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, nos próximos días haberá unha xuntanza co sector para definir a proba piloto que se vai realizar en maio con este obxectivo.

Na conferencia de prensa posterior á reunión do comité clíncio, tamén anunciou que o seu departamento está a traballar coa Consellería de Educación e Cultura para organizar unha experiencia de celebración de eventos ao aire libre con capacidade "un pouco máis ampla" ca a actual.

García Comesaña lembrou que será nas condicións establecidas pola Dirección Xeral de Saúde Pública, encargada de autorizar a ampliación de participantes en calquera evento, incluídos os deportivos, tendo en conta a situación de cada concello.