Plan piloto de test PCR de saliva en máis de 340 farmacias de Pontevedra
Antonio é mestre de primaria e este sábado acudiu a esta farmacia de Baiona para entregar a mostra coa súa primeira saliva do día.
E coma el pasaron onte por aquí máis de 80 persoas solicitando este tipo de test gratuíto. Os requisitos, ter entre 40 e 64 anos, non ter realizada unha PCR nos últimos quince días e non ter síntomas, entre outros.
Porque cada proba levará asociada un código de barras. Entréganse o día seguinte na propia farmacia e un repartidor levará as mostras ao laboratorio do Meixoeiro para que sexan analizadas pola técnica de pooling. Os resultados obtéñense entre 24 e 48 horas.
Nesta proba piloto participan unhas seis farmacias da provincia. A partir do martes incorpóranse a esta iniciativa unhas 340 máis de Pontevedra co obxectivo de achegar á poboación este tipo de probas.