Proban no CHUAC un anticorpo que bloquea a entrada do coronavirus nas células
O anticorpo probado no hospital da Coruña aspira a converterse nun tratamento específico e eficaz para a infección causada polo coronavirus
Álvaro Mena, internista do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña explica que "o que fai é bloquear a proteína do Spike, que envolve o virus, para que non se poda unir a un receptor que está nas células. Así o virus non pode entrar nas células, non se pode replicar, e morre por si mesmo"
Algo que permitiría evitar o agravamento do paciente contaxiado, sobre todo na fase inicial da enfermidade. En pacientes de máis risco, maiores de 60 anos, ou con factores de risco, explica Mena, "había unha redución entre e o 68 e o 70 por cento na progresión da enfermidade a síntomas graves ou severos"
O CHUAC é o único hospital en España que recrutoub pacientes para a fase dúas do ensaio do fármaco, cuxos prometedores resultados acaba de publicar a revista científica ‘Nature Communications’. Á espera dos resultados definitivos da fase 3, a farmacéutica Celltrion xa pediu a autorización do tratamento en varios países asiáticos e nos Estados Unidos, e nuns meses podería chegar tamén a Europa.