CRTVG

Buscar

Proba válida para o Lugo diante do Spórting (2-1) antes do comezo ligueiro

Publicado o 07/08/2021 21:27

Con mellores sensacións despida a pretemporada o Lugo, ao amosar un nivel axeitado diante dun rival da mesma categoría como o Sporting de Xixón. Foi capaz incluso de superalo nun partido no que Rubén Albés colocou un once que non debe diferir demasiado do que se vexa nunha semana no Tartiere. O Lugo eshibiu firmeza no balón parado, tanto defensivo como ofensivo. nun córner executado por Hugo Rama, Chris Ramos supara ao exbranquivermello Kravets para rematar con autoridade a gol. O 1-0 chegou no minuto 36 e no 40 igualou o Sporting. O balón ás costas de defensa chágalle a Gaspart Campos, que define con tranquilidade diante de Óscar Whalley.
A primeira parte foi máis asturiana. A segunda galega. Da combinación entre Barreiro e Rame case sae o segundo. Eivitouno Marño. A meta lucens estivo defendida na segunfa metade por fran Vieites que demostrou estar capacitado para ser titular. Respotou perfectamente á tentativa do goleador Djurdjevic.
O gol do desequilibrio cheogu a quince do final. Penalti flagrante de Mariño sobre Alende. O vigués leva por diante ao central do Lugo. Carrillo, que acababa de substituír ao especialista Barreiro, non errou desde os 11 metros. O porteiro chegoui a tocar pero o lanzamento clevaba forza, unha forza que semella adquirir o Lugo con esta mellorada imaxe diante da inminente estrea ligueira.

Noticias web

07/08/2021