CRTVG

Buscar

Proba piloto no Reino Unido con milleiros de persoas nun concerto sen máscara nin distancia de seguridade

Publicado o 03/05/2021 08:23
Proba piloto no Reino Unido con milleiros de persoas nun concerto sen máscara nin distancia de seguridade

Milleiros de persoas sen distancia nin máscara. Vinte e catro horas antes do concerto, tiveron que facer un test e mostrar o resultado negativo. Foi unha proba piloto do Goberno británico para comprobar se é seguro recuperar os eventos masivos, coincidindo co descenso da incidencia da pandemia no Reino Unido.