CRTVG

Buscar

Proba piloto esta noite para o ocio nocturno

Publicado o 12/06/2021 14:56

É unha das imaxes máis agardadas polo sector. A reapertura do ocio nocturno farase esta noite a través dunha proba piloto en seis locais que vai marcar o futuro dun sector moi castigado pola pandemia.

Esta noite o horario de apertura será limitado. Catro horas, de nove a unha da madrugada, onde dunha maneira controlada se porán a proba tódalas medidas de seguridade.

A ocupación en interiores será limitada. Dun 50% dentro e dun 75 en terraza. Os medidores de CO2 tamén son obrigatorios.

175 persoas participarán na proba piloto que se fará nesta discoteca de Vigo. Para poder acceder deberán presentar unha PCR negativa. Contratáronse un total de 12 persoas para poder facer esta simulación.

E tras esta proba chegarán as valoracións e as decisións que axudarán a debuxar esa futura e tamén agardada reapertura do ocio nocturno.

Noticias web

12/06/2021