Proba piloto con seis verbenas para que as orquestras volvan traballar coas medidas de seguridade
Publicado o 02/06/2021 13:00

Apenas unha semana despois do piloto que se vai facer en seis locais galegos de ocio nocturno, chegará o momento das orquestras. Seis formacións van participar o día 19 deste mes noutras tantas verbenas en que se vai limitar a asistencia a mil persoas. A idea é comprobar que se poden levar a cabo este tipo de espectáculos habilitando un espazo de tres metros cadrados para cada asistente, que deberá levar máscara.
Escolléronse para esta proba seis orquestras de tamaño medio e non as máis importantes, porque no seu caso é moito máis complicado impedir que se produzan grandes concentracións de xente.