CRTVG

Buscar

Proba de enduro no medio de viñedos en Valdeorras

Publicado o 04/06/2019 17:38

E imaxinen unha proba de enduro no medio de viñedos. Imaxes da quinta proba da Liga Galega. A xuntanza en Valdeorras. Na Rúa. A carón do encoro e correndo entre vides e subindo algunha costa con dificultades cheas de pedras onde se produce un dos mellores viños galegos.

Cento setenta participantes. Cincuenta viñeron desde Portugal. De feito o campión portugués Nuno Oliveira foi unha das atraccións e venceu na proba elite 4c. Pero, de novo, o dominador foi un piloto do Barco. Jorge Paradelo mantén o liderado en termos absolutos a falta dunha carreira. Paradelo acaba de competir na proba da Copa do Mundo celebrada en Compostela.

A nivel galego domina con autoridade. A organización correu a cargo de Ricardo Folla e do seu equipo de colaboradores. A seguinte proba será en Leiro, tamén na provincia de Ourense, no mes de outubro. Será a competición que poña o epílogo á temporada.

Noticias web

04/06/2019