CRTVG

Buscar

Prisións flexibiliza o segundo grao de Urdangarin, que poderá durmir nun centro de reinserción social

Publicado o 30/12/2020 19:09
Prisións flexibiliza o segundo grao de Urdangarin, que poderá durmir nun centro de reinserción social

Institucións penitenciarias concédelle o grao de semiliberdade a Iñaki Urdangarin, que cumpre cinco anos de prisión polo caso Nóos.

Con todo, para gozar deste réxime, o cuñado do rei Filipe VI deberá acollerse ao programa de reinserción para condenados por delitos económicos. Con este programa, que se porá en marcha en xaneiro, Urdangarin fará labores diarios de voluntariado e terá que durmir nun centro de reinserción social. Poderá ir a casa unha fin de semana ao mes.

Noticias web

30/12/2020