CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para o home acusado de matar a súa parella en Xaén

Publicado o 15/06/2021 08:51
Prisión sen fianza para o home acusado de matar a súa parella en Xaén

Ingresa en prisión, comunicada e sen fianza, o home acusado de matar a súa parella en Xaén. El mesmo denunciara ante a Garda Civil que un coche a atropelara neste lugar da localidade de Marmolejo. Pero pouco despois era detido como sospeitoso dun delito de homicidio doloso ou asasinato. O vehículo implicado no suceso pertence á familia del. Alicia, de 36 anos, convértese na décimo novena vítima da violencia machista deste ano. 

Noticias web

15/06/2021