Prisión sen fianza para dous dos membros da 'manada' de Xixón
Publicado o 26/07/2021 20:58
Prisión sen fianza para dous dos catro turistas portugueses acusados de violar dúas mozas en Xixón esta fin de semana. Os outros dous mozos quedaron en liberdade provisional e poderán volver ás súas casas, aínda que deberán estar a disposición da xustiza española. Así o acaba de decidir a xuíza que instrúe o caso.
Na praza maior de Xixón celebrouse esta tarde unha concentración en apoio ás denunciantes, de 22 e 23 anos. O avogado dos acusados di que as relacións foron consentidas e ameazou con denunciar os que culparon os mozos antes de que haxa xuízo.