CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza o xefe da Garda Civil de Alxeciras

Publicado o 04/07/2019 21:55

Xa está en prisión o xefe da Garda Civil detido por colaborar co narcotráfico en Alxeciras. O xuíz atribúelle os delitos de prevaricación, revelación de segredos e pertenza a banda organizada. O axente dirixía a unidade de loita contra o tráfico de drogas pero estaba dedicándose xusto ó contrario. Pasaba información e colaboraba coas bandas de traficantes. Tras varias sospeitas, Asuntos Internos abriulle unha investigación que acabou co seu arresto.


 

Noticias web

04/07/2019