CRTVG

Buscar

Prisión provisional sen fianza por apuntar cunha pistola o dono dun bar da Coruña

Publicado o 22/04/2019 20:20
Prisión provisional sen fianza por apuntar cunha pistola o dono dun bar da Coruña

Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home que esta fin de semana sacou unha pistola nun bar da cidade da Coruña. O xuíz considérao presunto autor dos delitos de lesións, ameazas e posesión ilícita de armas.

O detido chegou a apuntar e ameazar coa arma o dono da cafetería que se negara a servirlle unha consumición cando ía pechar o local de madrugada. O home tamén forcexou con varios dos clientes do bar, e froito desa agresión un deles mesmo tivo que ser trasladado ao CHUAC.

Noticias web

22/04/2019