CRTVG

Buscar

Prisión provisional para o suposto autor da agresión a un sanitario no metro de Madrid

Publicado o 21/07/2021 20:20
Prisión provisional para o suposto autor da agresión a un sanitario no metro de Madrid

O titular do Xulgado de Instrución número 46 de Madrid decretou a prisión provisional comunicada e sen fianza para o suposto autor da agresión no metro de Madrid a un enfermeiro que lle recriminou que non levara posta a máscara. 

O detido será investigado pola suposta comisión dun delito de lesións agravadas. O Xulgado tomará declaración ao prexudicado e a cinco testemuñas dos feitos o próximo 8 de setembro.

Noticias web

21/07/2021