CRTVG

Buscar

A prisión dous dos detidos por vender unha nena na Coruña

Publicado o 15/04/2021 15:34

• Outro dos arrestados queda en mans da Fiscalía de Menores

O Xulgado de Instrución número 5 da Coruña decretou a prisión provisional comunicada e sen fianza dun home e dunha muller detidos onte en Monte Alto. Ambos os dous están investigados por un delito de tráfico de seres humanos. O terceiro detido é un menor que pasou a disposición da Fiscalía de Menores.

Un día despois os veciños non falan doutra cousa. E os que presenciaron os feitos din que non son quen de borrar estas imaxes das súas retinas.

Amais dos tres acusados de reter a menor nesta vivenda, hai unha cuarta persoa relacionada con este secuestro que fuxiu e está en paradoiro descoñecido. Crese que é o líder da trama.

A pequena foi trasladada a un centro de menores baixo a protección da Xunta.

 

Noticias web

15/04/2021