CRTVG

Buscar

Prisión para unha muller e o seu amante por planear como acabar coa vida do marido dela

Publicado o 13/08/2021 09:00
Prisión para unha muller e o seu amante por planear como acabar coa vida do marido dela

Prisión para unha muller e o seu amante. Están sendo investigados como autores dun delito de tentativa de homicido contra o marido dela. Os arrestados idearon un plan para acabar coa vida do marido da muller disparándolle cunha escopeta, pero o tiro saíu mal e o home sobreviviu.

Durante a investigación, segundo a policía, os axentes frustraron un segundo intento para acabar coa vida do marido. No rexistro ao amante, a policía atopou unha escopeta cargada, un coitelo de grandes dimensións un pasamontañas, unha perruca e roupa de muda.


 

Noticias web

13/08/2021