Prisión para os tres detidos en Murcia acusados dunha violación múltiple
Publicado o 19/08/2019 13:11
Prisión para os tres detidos en Murcia acusados dunha violación múltiple. As imaxes son momento en que eran trasladados á cadea desde o xulgado. A agresión tivo lugar supostamente o sábado ao mediodía nunha vivenda ocupada. A vítima é unha muller de 40 anos que foi atopada na rúa con sinais de violencia. Ademais dos tres detidos, a policía tamén prendeu unha muller que quedou libre pero que terá que comparecer no xulgado por un presunto delito de omisión do deber de socorro.