CRTVG

Buscar

Prisión para o mozo que matou un home nunha pelexa en Carballo

Publicado o 15/04/2021 20:07

O detido ten 25 anos

Decretan tamén prisión sen fianza para o mozo detido en Carballo por matar un home dunha malleira. A xustiza investígao por un delito de homicidio. O mozo pasou este xoves a disposición xudicial, pero negouse a declarar.

Lembramos que ao acusado detivérono o pasado martes. Discutira cun home de 54 anos, chegaron ás mans e, durante a pelexa, o maior caeu ao chan e deu un golpe na cabeza. Pouco despois faleceu no hospital da Coruña.

Noticias web

15/04/2021