CRTVG

Buscar

Prisión provisional e sen fianza para o asasino confeso de Rocío Caíz

Publicado o 13/06/2021 20:39

Ás portas do xulgado de Estepa vivíronse momentos de tensión entre os familiares de Rocío Caíz e os axentes da garda civil, que intentaban evitar que se achegaran ao detido.

O exnoivo e asasino confeso de Rocío compareceu este domingo perante a xuiza pero non quixo declarar. A titular do xulgado de Estepa decretou prisión provisional comunicada e sen fianza. Retiroulle a patria potestade do bebé de catro meses que tiñan vítima e asasino e entregoulles a garda e custodia aos avos maternos.

Ademais, o detido non poderá comunicarse por ningun medio cos pais e as irmás de Rocío. A partir de agora a instrución do caso pasa de Estepa a Osuna, xa que ao ser unha causa de violencia de xénero debe tramitarse no partido xudicial onde residía a vítima. En Estepa vivía o asasino e alí a garda civil localizou os restos de Rocío metidos en bolsas e espallados por distintos lugares da vila.

Noticias web

13/06/2021