CRTVG

Buscar

Prisión para o ancián acusado de matar a marteladas a muller

Publicado o 18/06/2021 08:50
Prisión para o ancián acusado de matar a marteladas a muller

Ingresa en prisión o home de 84 anos acusado de matar a muller a marteladas no barrio madrileño de Moratalaz. Na súa declaración ante o xuíz recoñeceu os feitos, polos que está acusado dun delito de asasinato. A agresión produciuse o martes á tarde no domicilio familiar. Foron os veciños os que avisaron a Policía Nacional ao escoitar os berros da muller pedindo auxilio pola ventá. Cando chegaron os axentes, foi o home o que lles abriu a porta e lles dixo: "Pasen, mateina, lévenme".

Noticias web

18/06/2021