CRTVG

Buscar

Prisión para dous dos tres detidos en Vigo por traer haxix dende Andalucía

Publicado o 25/03/2021 22:08
Prisión para dous dos tres detidos en Vigo por traer haxix dende Andalucía

En Vigo, decretaron prisión para dous dos detidos por traer haxix dende Andalucía. O terceiro arrestado quedou en liberdade con cargos.

Os tres declararon hoxe ante o xulgado que investiga o caso. Están acusados de comprarlles droga a traficantes marroquís en Andalucía e de traela en coche ata Galicia. Facían unha viaxe á semana e calcúlase que movían uns 100 quilos de haxix ao mes. Cando os detiveron, estaban entrando en Vigo con 30 quilos de droga camuflada no coche.

Noticias web

25/03/2021