CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para o home que acoitelou a súa ex-parella en Pontevedra

Publicado o 05/12/2019 10:56
O xulgado de instrución número 3 de Pontevedra acordou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do home de 34 anos que acoitelou ao seu ex-muller o pasado domingo nunha vivenda do barrio pontevedrés de Monte Porreiro. Está acusado, segundo confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dun presunto delito de homicidio en grao de tentativa.
Ademais, a titular do xulgado activou unha orde de protección en favor da muller e dos seus fillos, ambos menores de idade, pola que se lle impón a prohibición de comunicarse con eles. A orde inclúe a suspensión da patria potestade dos seus dous fillos e a suspensión do réxime de visitas e comunicacións acordados no seu día.
A vítima, unha muller de 33 anos, segue ingresada no Hospital Montecelo de Pontevedra aínda que, segundo confirmaron fontes hospitalarias, evoluciona favorablemente das súas feridas e podería ser dada de alta nos próximos días.