Primeiros voos entre Galicia e o Reino Unido tras o "brexit" en plenas restricións
O avión de Londres da compañia Ryanair chegaba en hora esta mañá á Lavacolla con 17 perosas a bordo. Son os primeiros pasaxeiros que aterran en Galicia tras a entrada en vigor do brexit.
"Se me vai cambiar algo? para min non o creo, terei que facer un pasaporte e xa", di un mozo.
De momento, non é necesario o pasaporte para viaxar entre os dous países. Ata outubro abonda co DNI. Pero os controis nos aeroportos son exhaustivos.
España mantén restinxidos os voos procedentes do Reino Unido co fin de combater a propagación da nova cepa do virus. Ata 19 de xaneiro só poden viaxar cidadáns con nacionalidade española como María. Leva tres anos traballando como veterinaria en Londres pero decidiu regresar.
"Pídenche aquí, alí e en todos os sitios. Ademais, como viñemos nun voo de vinte persoas foi todo máis exhaustivo". "Pídenche PCR, o código QR,o lugar onde vas estar e o control de pasaporte normal". aseguran dous pasaxeiros.
España mantén restrinxidos os voos procedentes do Reino Unido co fin de combater a propagación da nova cepa do virus. Ata 19 de xaniero só poden viaxar cidadáns con nacionalidade española como María. Leva tres anos traballando como veterinaria en Londres e decidiu regresar.
"Xa me vou porque me parece que entre o coronavirus e o brexit non me compensa estar alí. Si, porque non podes vir ver a familia, despois tes que facer corentena ao volver e non é doado que che dean vacacións no traballo", asegura.
Incerteza tamén entre os galegos que marchan para incorporarse ao traballo tras as festas do Nadal."De momento, a situación está moi mal. Baixaron moito os soldos,a situación é tan difícil para os ingleses como para e levamos moito tempo alí".
Difícil tamén para os europeos que cheguan agora ao país, que poderán estar un máximo de seis meses sen visado.