CRTVG

Buscar

Primeiros dos dous días de loito oficial en Malpica pola morte de dous veciños

Publicado o 02/10/2020 15:19

Primeiros dos dous días de loito oficial en Malpica pola morte de dous veciños na madrugada de onte.
As bandeiras no Concello ondean a media hasta en memoria de Manuel e de Adolfo, os dous homes que afogaron no porto despois de caer ao mar co coche en que circulaban.

O suceso mantén aínda conmocionada esta vila mariñeira da comarca de Bergantiños, mentres se investigan as circunstancias en que ocorreron os feitos.

Noticias web

02/10/2020

Máis sobre Malpica de Bergantiños