CRTVG

Buscar

Primeiro positivo por covid-19 na vila olímpica

Publicado o 16/07/2021 22:44
Primeiro positivo por covid-19 na vila olímpica

Vila olímpica

Mal inicio para os Xogos Olímpicos. O comité organizador confirmou hoxe o primeiro positivo en covid-19 entre os residentes da vila olímpica. Ao parecer non se trata dun deportista. O caso dáse a coñecer cando faltan 6 días para a cerimonia inaugural e nun momento dunha intensa repunta de contaxios na zona de Tokio.