CRTVG

Buscar

Primeiro ouro para a delegación española na modalidade de tiro olímpico

Publicado o 31/07/2021 08:04
Primeiro ouro para a delegación española na modalidade de tiro olímpico

A parella formada por Alberto Fernández e Fátima Gálvez deulle o primeiro ouro á delegación española na modalidade de Tiro Olímpico (Trap Mixto). 

España derrotou na final á parella de San Marino formada por Perilli e Berti (41-40) cunha gran actuación de Fernández que só fallou un disparo dos 25 que fixo en toda a rolda final.