Primeiro morto na China por coronavirus desde marzo

A China notificou a primeira morte por coronavirus en oito meses.
O anuncio prodúcese pouco antes de que chegue ao xigante asiático o equipo de expertos da Organización Mundial da Saúde encargado de estudar a orixe do virus.
O país onde se detectou por primeira vez a covid-19, hai un ano, conseguira erradicar a pandemia desde a primavera pasada, pero nos últimos dias volveron xurdir varios gromos.
A maioría dos novos casos rexístranse en Hebei, unha inmensa provincia que rodea a capital, Pequín.
E por fin puido aterrar en Wuhan o equipo de expertos da OMS que vai investigar as orixes do coronavirus. Tras meses de negociacións co goberno chinés autorizou a misión científica internacional que vai tentar descubrir a orixe da covid-19.
Os membros do equipo deberán gardar 14 dias de corentena.