CRTVG

Buscar

Soutomaior, de loito tras o crime familiar que conmocionou os veciños

Publicado o 23/08/2020 08:40

Soutomaior vive o segundo día de loito oficial decretado polo concello tras o crime familiar que ten conmocionados os veciños. Tamén se suspenderon todos os actos programados para esta fin de semana.

A Garda Civil detivo o venres á tarde un home como suposto autor da morte da súa irmá, de 62 anos, e da súa sobriña, de 23.

O presunto agresor disparoulles cunha arma da que non tiña licenza na leira da súa vivenda. Alí foi detido e trasladado nun primeiro momento ao hospital. Xa se atopa en dependencias da Garda Civil.

Segundo transcendeu, o home discutira previamente coas vítimas por unha escada. Está previsto que o luns pase a disposición xudicial.




 

Noticias web

23/08/2020