CRTVG

Buscar

Primeiro día de Toni Otero en Pasarón: "É como unha volta á casa"

Publicado o 07/06/2021 14:08

Primeiro día na oficina para Toni Otero, que volve a Pasarón, onde xogou cinco temporadas.

Agora como director deportivo para as próximas dúas campañas. Hoxe comeza a planificación do cadro de xogadores e do adestrador que dirixirá o equipo.

"Foi unha cuestión de confianza, a idea é axudar no proxecto que había e amoldalo ao que un pode achegar", explicaba o novo director deportivo.

Falta por saber se continúa Luisito ou se Toni Otero aposta por outra alternativa. E todo sen présa:

"Non fixen nada, acabo de chegar", asegurou Otero sobre o tema do adestrador.

 

Noticias web

07/06/2021